
Claudia de Sas
Real-life strategy to reach your goals.
Son paisaxista e deseñadora. A miña práctica móvese entre a paisaxe, o territorio e a investigación, traballando en diferentes escalas e formatos.
Entendo a paisaxe non só como un espazo físico, senón como o resultado das relacións ecolóxicas, sociais e culturais que se producen nun lugar. Interésame observar e comprender estas relacións para desenvolver proxectos sensibles ao contexto, capaces de conectar persoas, territorio e sistemas naturais.
We strive for diversity across the globe
Experiencia
Nos últimos anos, o meu traballo céntrase especialmente en proxectos vinculados ao desenvolvemento rural, os sistemas alimentarios e a xestión do territorio, principalmente desde a miña práctica na Fundación RIA.
Formación
A miña formación combina deseño, arquitectura da paisaxe e planificación territorial. Son graduada en Deseño de Interiores, cursei o Máster en Arquitectura da Paisaxe na ETSAB da Universitat Politècnica de Catalunya e ampliei posteriormente a miña formación co Máster en Planificación e Xestión do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela.
